PROPOSTA DE TRABALLO POR CURSOS


A idea de plantexarnos que os alimentos están vivos ten un dobre sentido. Están vivos porque son seres vivos, xa sexan animais ou plantas. Teñen vida porque cumpren as tres funcións vitais: nutrición, relación e reprodución. Posto que falamos de alimentos, é dicir comida, no momento de ser inxeridos poden estar ou non vivos. Esto depende do tipo de alimento e sobre todo do ser vivo que o vai a consumir. Os animais salvaxes aliméntanse doutros animais vivos. O home acostumouse a cociñar os alimentos. A excepción son a maioría das froitas que se consumen crúas.
Por outro lado no proxecto do ano anterior (17/18) fixemos que unha serie de alimentos cobrasen vida, no sentido de animalos. Tratábanse de mascotas en oito cores distintas que dotamos de vida: ollos, nariz, boca, brazos, pernas…
En resumo VIDA de SER VIVO e vida de PERSONAXE ANIMADO.
A pregunta de: DEIXARANSE MANIPULAR? Tamén xoga ao dobre sentido. Manipular de tocar, coller, cortar… e manipular de deixarse convencer para mostrar unha cara máis amable (mediante a publicidade). Nos anuncios publicitarios manipúlanse físicamente os alimentos para que semellen ser mellores.
Ás veces tamén manipulamos alimentos privándoos dos seus nutrientes orixinais. Deixan de ser tan naturais ou sanos como ao principio. Manipular como sinónimo de cociñar é un xeito bastante acertado para loitar contra as enfermidades que se transmitan mediante alimentos vivos.
Os alimentos ás veces déixanse manipular pero nós tamén. Mediante a publicidade engañosa ou a manipulación durante o cultivo.
Queremos alimentos sanos e naturais. Non queremos que se deixen manipular.
Este ano queremos apostar pola influenza entre distintos seres vivos dentro do seu hábitat. Crear ecosistemas onde a flora e a fauna sexan as protagonistas.
Estudaremos a relación entre o movemento da terra (translación) que propicia as distintas estacións do ano, e os produtos característicos de cada unha delas.
Elexiremos catro árbores distintas e contemplaremos os cambios que se producen nelas ao longo das estacións.
O traballo na etapa de EI será a de estudar as distintas árbores ou froitas:
3 ANOS: LARANXEIRO (laranxas, flores do laranxo, tronco…).
4 ANOS: CASTIÑEIRO (castañas, follas do castiñeiro, tronco…).
CABAZAS (sementes, plantación…).
5 ANOS: CIROLEIRA (cirolas, flores da ciroleira, tronco…).
CEREIXO (cereixas, flores do cereixo, tronco…).
En EP de 1º a 3º traballarán sobre a FAUNA elaborando distintos animais con materiais de refugallo:
1º EP: Animais aéreos.
2º EP: Animais acuáticos.
3º EP: Animais terrestres.
De 4º a 6º de EP farán traballos en papel e/ou en formato maqueta:
4º EP: Ciclo da auga.
5º EP: Reciclaxe (tipos de contenedores…).
6º EP: Minimizar a contaminación dos alimentos + Hixiene persoal e alimentaria + Publicidade alimentaria

Publicacións populares deste blog